6 de out. de 2026

Entre tinta e mares

 Ola de novo!!!

Despois do verán e xa comezando o outono, a nosa biblioteca abre as súas portas. 

A partir de hoxe, este espazo volve encherse de vida, cor e aventuras. Aquí atoparedes portas secretas a mundos fantásticos, respostas a todas as vosas preguntas curiosas e historias que vos acompañarán para sempre.

Non importa se vos gustan os cómics, as novelas de misterio, a poesía, os libros de ciencia ou os contos ilustrados: este é o voso lugar para soñar en grande.

Lembrade as tres regras de ouro:

1.      Explora sen présa.

2.      Coida cada libro coma se fose un tesouro.

3.      Comparte as túas recomendacións coas túas compañeiras e compañeiros.

As portas xa están abertas. Que comece a viaxe!