16 de feb. de 2016

ROSALÍA DE CASTRO
O vindeiro mércores 24 celebraremos na escola o Día de Rosalía.
Mentras podedes consultar curiosidades sobre a súa vida e a súa obra pinchando na imaxe de Rosalía que está a dereita do blog.
Aquí vos deixo ademais un poema que o Manuel María lle adicou a Rosalía hai xa mais de corenta anos. 


ORACIÓN GALEGA A ROSALÍA

Grazas, nai Rosalía, por nos dares     
un idioma novo e ben luído.
Grazas pola fala e por cantares
o noso pobo, humilde e esquecido.        
Grazas, nai Rosalía, pola pura
e fonda canción que ti cantaches
tan chea de verdade e fermosura.
Grazas pola fala que salvaches!


Grazas, nai Rosalía, polo feito
de recobrar o idioma e a canción,
As palabras que enchen todo o peito
e poden aquecer o corazón…!


Grazas, nai Rosalía, por saberes

marcarnos o destino e o vieiro.
Grazas, nai Rosalía, por faceres 
un milagre puro e verdadeiro!

De Manuel María a Rosalía, 1971