VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS
O pasado luns, 9 de maio, recibimos a agarimosa visita do escritor ANTÓN CORTIZAS AMADO para comentar co alumnado de 1º e 2º o seu libro “O lapis de Rosalía”.
Foron moitas as cuestións que lle plantexaron e así souperon que a inspiración desta historia foi a súa filla Rosalía que daquela tiña “seis anos seus” (todiños, todiños dela) e que daba moitas apertas ao seu pai. Xurdiu do infinito amor que se tiñan. Agora Rosalía é unha mestra que lle ensina a nenos e nenas pequenos que falan galego a que das súas bocas sigan saindo bolboretas cada vez máis fermosas.
Agasallounos cun mini libro escrito por el “Aqueles animais da sabana” e que cada neno pode personalizar cos seus debuxos. Que ben o pasamos recitando as simpáticas rimas da avetarda, do babuino, do ñu……!!
A tres nenos de 4º asinoulles o libro que leran o curso pasado “O merlo de ferro” e, sacando da súa bolsa máxica un subiote, ensinoulles a facer o son do merlo.
GRAZAS ANTÓN POR ENCHERES A BIBLIOTECA DE RECHOUCHÍOS E POESÍA!!