CONTACONTOS
O luns 5 de decembro tivemos no cole unha sesión de contacontos a cargo do grupo "Polo correo do vento",que nos veu contar a vida de Ángeles Alvariño.
María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba.
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega.
Aquí vos deixamos unhas fotos das sesión de hoxe.