26 de mar. de 2017


ACTIVIDADES PARA O CELEBRAR 
O DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Durante a semana do 6 ao 10 de marzo levamos a cabo varias actividades para axudar a tomar conciencia sobre os diferentes problemas que afectan as mulleres polo feito de selo.
En infantil lemos o conto "O libro dos porcos" para concienciar sobre a necesidade de colaboración de todos/as nas tarefas do fogar.



Os alumnos de 1º e 2º traballaron cunha colección de libros chamada "Pequeña y grande", que tratan a vida de diferentes mulleres que destacaron nalgún ámbito (Coco Chanel,Frida Khalo...)
A historia destas mulleres ven contada en pareados e os rapeces e rapazas ordenaronas para despois ilustralas cos seus debuxos.
Os nenos e nenas de 3º tiveron que realizar unha entrevista a algunha muller traballadora do seu entorno próximo.
En 5º e 6º visionaron diferentes vídeos sobre violencia de xénero,igualdade ,brecha salarial... e elaboraron un relato colectivo, coa muller como protagonista, baseado nalgunha das problemáticas tratadas nos vídeos.
Ademais no corredor da entrada colocáronse 3 paneis referidos a dita celebración.Un deles adicado a todas as mulleres olímpicas que conseguiron medalla nos Xogos Olímpicos de Brasil 2016 e tamén a deportistas  pioneiras en tempos no que o deporte parecía so cousa de homes.