23 de abr. de 2017

                                                
                                     
                                               FELIZ DÍA DO LIBRO


As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes.
En 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.En 1995, a UNESCO  decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 ) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de WillIam Shakespere . Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega.
En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo Rei en Alcalá de Henares ese día.