NON A VIOLENCIA DE XÉNERO
Por iso o venres 24 de novembro levamos a cabo unha serie de actividades para concienciar da violencia de xénero e aprender a detectala e rexeitala.
Dende a biblioteca propuxéronse varios libros que tratan este tema ao que queremos dar visibilidade dende o centro co fin de previlo.
Nas aulas lemos e comentamos libros como:"O país dos mandóns","Oliver Button es una nena","Éranse dúas veces Ranpunzel","Denébola a roxa","Xela volveuse vampira","Por qué a María Xosé lle chaman Xosé Mari?"
Tamén fixemos actividades relacionadas coa educación emocional e a detección de conductas violentas e machistas, ademais gravamos a algúns nenos e nenas dando a súa idea de que é a violencia de xénero.
Os nenos e nenas de infantil realizaron unha actividade na que tiñan que distinguir entre conductas adecuadas e conductas violentas non desexábles a través dun pequeno xogo introducido por unha canción.
En 1º leron o libro "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa ?"e fixeron un mural con princesas inventadas por eles .
En 2º a partir dunha curtametraxe traballouse o respecto
Os rapàces e rapazas de 3ºe 4º traballaron a través do curto "Son moncho o voso amigo" a empatía ,a capacidade de porse no lugar doutros .
En 5º traballaron cos contos "No puedo hacerlo "e "Para ti no estoy" as habilidades de autoafirmación ,oposicion e expresión emocional e a través dun audiovisual traballaron as habilides de toma de decisións empatía e oposicion asertiva
En 6º o traballo xirou arredor do autocontrol
Pensamos que foi unha xornada ben proveitoso pero que nos houbera gustado non ter que celebrar.