20 de abr. de 2018
XIX EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO
O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela preténdese render homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias… e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero.Aínda estades a tempo de pasarvos polo Pazo da Cultura de Pontevedra para disfrutar das actividades que nos ofrecen nesta nova edición.
Podes ver o programa en www.salondolibro.gal