19 de set. de 2016

                  
                              BIBLIOTECAS ESCOLARES                                   2016/2017


Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento.

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).












  




                                                     BENVIDOS 
                                                                          BO
                                                                    CURSO
                                                          PARA TOD@S

Aproveitamos para informarvos de que a biblioteca estará aberta ao público a partir do 3 de outubro.Agardámosvos!!!

5 de xul. de 2016

           
                     
                           BO VERÁN 
                        DE LECTURAS
                   PARA TODOS E TODAS,
                VÉMONOS EN SETEMBRO. 



 

17 de maio de 2016

                                FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!!




13 de maio de 2016

VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS

O pasado luns, 9 de maio, recibimos a agarimosa visita do escritor ANTÓN CORTIZAS AMADO para comentar co alumnado de 1º e 2º o seu libro “O lapis de Rosalía”.

Foron moitas as cuestións que lle plantexaron e así souperon que a inspiración desta historia foi a súa filla Rosalía que daquela tiña “seis anos seus” (todiños, todiños dela) e que daba moitas apertas ao seu pai. Xurdiu do infinito amor que se tiñan. Agora Rosalía é unha mestra que lle ensina a nenos e nenas pequenos que falan galego a que das súas bocas sigan saindo bolboretas cada vez máis fermosas.

Agasallounos cun mini libro escrito por el  Aqueles animais da sabana” e que cada neno pode personalizar cos seus debuxos. Que ben o pasamos recitando as simpáticas rimas da avetarda, do babuino, do ñu……!!

 A tres nenos de 4º asinoulles o libro que leran o curso pasado “O merlo de ferro” e, sacando da súa bolsa máxica un subiote, ensinoulles a facer o son do merlo.

GRAZAS ANTÓN POR ENCHERES A BIBLIOTECA DE RECHOUCHÍOS E POESÍA!!






3 de maio de 2016

ENCONTRO CON ABRAHAM CARREIRO
Abraham Carreiro visitou de novo o noso cole para atoparse co alumnado de 3º e 4º, que nos últimos días estiveran xa lendo o seu libro " Estudios Tex".
Este autor-ilustrador amosounos unha vez mais como se perfilan e crean  as ilustracións dos persoaxes dunha historia e como van evolucionando ata chegar o resultado final, que é o que coñece o público.
Agradecemos a súa visita e tamén o ternos desvelado algúns dos segredos da ilustración.
Ata a próxima.

25 de abr. de 2016

ABRIL DE LIBROS
Para seguir festexando o Día do Libro e o IV centenario do pasamento de Cervantes, propoñémosvos que premades sobre a imaxe de Cervantes que hai a dereita do blogue;alí atoparedes unha chea de xogos moi divertidos relacionadas con este autor e a súa obra.Disfrutádeos!!
VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO
O martes 12 de abril estivemos en Pontevedra visitando o Salón do Libro que vai xa pola súa XVII edición.
Desta volta a temática a disfrutar son os bichos, por iso se titula "Canta bichería".
Os nenos e nenas de educación infantil pasamos toda a mañán percorrendo as distintas salas ,onde están expostos os libros e materiais realizados polos coles, e outras salas decoradas pola organización .
Tamén asistimos a unha obra de teatro titulada  "Los tres osos", estupendamente representada polo grupo catalán L´Estaquirot Teatre.
Foi unha mañán repleta de actividades e sorpresas para os rapaces e rapazas mais pequenos do cole  .



23 de abr. de 2016

DÍA DO LIBRO
Hoxe, 23 de abril ,desexámoslles aos nosos lectores un Día do Libro cheíño de fermosas lecturas.