18 de mar. de 2024

Obradoiro de ilustración

O 4 de marzo visitounos a ilustradora e escritora Xulia Pisón. Fixemos un fantástico obradoiro de debuxo e contounos algúns detalles dos seus libros micro algas. Moitas grazas Xulia!


















 


 

Mochilas para compartir lecturas



Estas son as nosas mochilas para compartir lecturas. A través delas os nenos/as do centro intercambiarán lecturas favoritas con outros compañeiros/as doutras clases, en forma de detalle sorpresa. A cantas casas chegarán? Que libro poderás atopar dentro? Que empecen os trocos!

Mediacións lectoras poéticas







 

2 de feb. de 2024

Receitas para as mochilas viaxeiras.


 

Audio conto Don Romualdo


https://youtu.be/9_DZZGo-rNo?si=yTeiOR4lYDH_ngC5 


Joel, alumno de 2º de Educación Primaria, creou este audioconto para compartir con todos vós. Desexamos que vos guste!

Chega o entroido

Dende a biblioteca do centro aproveitamos os recreos para que o alumnado elaborase o Meco. Construiron un donuts  feito con caixas de galletas e cereais, tendo en conta o noso proxecto de centro "12 meses - doce".



Aqui vos deixamos os mandandos do Meco. Moi atentos que comeza a festa!



Na biblioteca, tamén aproveitamos para facer un concurso de elaboración de cartas con materiais de refugallo. Participa!