5 de xul. de 2016

           
                     
                           BO VERÁN 
                        DE LECTURAS
                   PARA TODOS E TODAS,
                VÉMONOS EN SETEMBRO. 



 

17 de maio de 2016

                                FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!!




13 de maio de 2016

VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS

O pasado luns, 9 de maio, recibimos a agarimosa visita do escritor ANTÓN CORTIZAS AMADO para comentar co alumnado de 1º e 2º o seu libro “O lapis de Rosalía”.

Foron moitas as cuestións que lle plantexaron e así souperon que a inspiración desta historia foi a súa filla Rosalía que daquela tiña “seis anos seus” (todiños, todiños dela) e que daba moitas apertas ao seu pai. Xurdiu do infinito amor que se tiñan. Agora Rosalía é unha mestra que lle ensina a nenos e nenas pequenos que falan galego a que das súas bocas sigan saindo bolboretas cada vez máis fermosas.

Agasallounos cun mini libro escrito por el  Aqueles animais da sabana” e que cada neno pode personalizar cos seus debuxos. Que ben o pasamos recitando as simpáticas rimas da avetarda, do babuino, do ñu……!!

 A tres nenos de 4º asinoulles o libro que leran o curso pasado “O merlo de ferro” e, sacando da súa bolsa máxica un subiote, ensinoulles a facer o son do merlo.

GRAZAS ANTÓN POR ENCHERES A BIBLIOTECA DE RECHOUCHÍOS E POESÍA!!






3 de maio de 2016

ENCONTRO CON ABRAHAM CARREIRO
Abraham Carreiro visitou de novo o noso cole para atoparse co alumnado de 3º e 4º, que nos últimos días estiveran xa lendo o seu libro " Estudios Tex".
Este autor-ilustrador amosounos unha vez mais como se perfilan e crean  as ilustracións dos persoaxes dunha historia e como van evolucionando ata chegar o resultado final, que é o que coñece o público.
Agradecemos a súa visita e tamén o ternos desvelado algúns dos segredos da ilustración.
Ata a próxima.

25 de abr. de 2016

ABRIL DE LIBROS
Para seguir festexando o Día do Libro e o IV centenario do pasamento de Cervantes, propoñémosvos que premades sobre a imaxe de Cervantes que hai a dereita do blogue;alí atoparedes unha chea de xogos moi divertidos relacionadas con este autor e a súa obra.Disfrutádeos!!
VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO
O martes 12 de abril estivemos en Pontevedra visitando o Salón do Libro que vai xa pola súa XVII edición.
Desta volta a temática a disfrutar son os bichos, por iso se titula "Canta bichería".
Os nenos e nenas de educación infantil pasamos toda a mañán percorrendo as distintas salas ,onde están expostos os libros e materiais realizados polos coles, e outras salas decoradas pola organización .
Tamén asistimos a unha obra de teatro titulada  "Los tres osos", estupendamente representada polo grupo catalán L´Estaquirot Teatre.
Foi unha mañán repleta de actividades e sorpresas para os rapaces e rapazas mais pequenos do cole  .



23 de abr. de 2016

DÍA DO LIBRO
Hoxe, 23 de abril ,desexámoslles aos nosos lectores un Día do Libro cheíño de fermosas lecturas.



31 de mar. de 2016

OBRADOIRO DE TÍTERES CON TANXARINA
O mércores 9 de marzo viñéronnos visitar os compoñentes do colectivo Tanxarina para ensinarnos aos rapaces e rapazas de 5º e 6º como elaborar os nosos própios títeres de variña.
Os elementos que empregaron foron moi sinxelos:unha bola de poliespán,un anaco de tea,unha variña de pau,uns gomets e un pouco de lá.O resultado, espectacular!!






SALÓN DO LIBRO 2016
Hoxe comenza outra nova edición do Salón do Libro de Pontevedra,e xa van dezasete.
Do 1 ao 23 de abril podedes achegarvos a disfrutar de todas as maravillosas propostas que hai este ano no Pazo da Cultura.
Se queredes ter mais datos aquí vos deixo o enlace.
http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx