ANN ALFAYA EN CEDEIRA
Este venres, 15 de xaneiro, visitounos An Alfaya, autora do libro “Sireno,sireno”
que lemos no primeiro trimestre. Nunha interesante entrevista realizado polos
alumnos/as respostou amablemente dándonos a coñecer as “entreteas” do libro.
Aprendemos un montón sobre como se inspira unha autora para escribir, trucos
para empezar unha historia, para continuala e para rematala (ou non).
Por que “Sireno,sireno”? Pois porque reflicte moi ben un
mundo real-imaxinario no que nos movemos e que algunhas persoas expresan, ben
sexa desde a literatura, desde a pintura ou desde a escultura. “Un bo artista é
aquel que sabe mirar”, así que todos podemos ser artistas, aínda que sexa no
noso interior.
Animámosvos a que leades o libro. Podedes cóllelo na
biblioteca