Para celebrar o Día da Paz 2016 tamén botamos man dun poema de Manuel María que nos lembra o sinxelo que é buscar a paz no día a día e o importante que é a boa xente,a xente boa.
SONETO
Os meus antergos non foron violentos
e nunca houbo na casa armas de fogo.
Endexamais,un Hortas,nin por xogo,
chegou a utilizar tales inventos .
Que a miña xente tivo a valentía
de gastar a súa vida traballando:
arando, recollendo,sementando,
facendo un campo fértil de campía.
Tampouco houbo nos Hortas cazadores
pois,seguindo unha vella tradición,
foron , unicamente , labradores...
Traballaron con amor,fe e paixón:
fertilizaron o chao cos seus suores
e morreron coa paz no corazón...!
SONETOS A CASA DE HORTAS