
24 de dec. de 2017
O Principiño agasállache con lecturas para o Nadal
Como dicía Antoine de Saint-Exupéry, "A lectura fainos mellores persoas", así que, non esquezas adicar un tempiño a esta magnífica actividade. Aquí tes unha pequena guía de lecturas para este Nadal, hai tempo para todo!

23 de dec. de 2017
NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Por iso o venres 24 de novembro levamos a cabo unha serie de actividades para concienciar da violencia de xénero e aprender a detectala e rexeitala.
Dende a biblioteca propuxéronse varios libros que tratan este tema ao que queremos dar visibilidade dende o centro co fin de previlo.
Nas aulas lemos e comentamos libros como:"O país dos mandóns","Oliver Button es una nena","Éranse dúas veces Ranpunzel","Denébola a roxa","Xela volveuse vampira","Por qué a María Xosé lle chaman Xosé Mari?"
Tamén fixemos actividades relacionadas coa educación emocional e a detección de conductas violentas e machistas, ademais gravamos a algúns nenos e nenas dando a súa idea de que é a violencia de xénero.
Os nenos e nenas de infantil realizaron unha actividade na que tiñan que distinguir entre conductas adecuadas e conductas violentas non desexábles a través dun pequeno xogo introducido por unha canción.
En 1º leron o libro "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa ?"e fixeron un mural con princesas inventadas por eles .
En 2º a partir dunha curtametraxe traballouse o respecto
Os rapàces e rapazas de 3ºe 4º traballaron a través do curto "Son moncho o voso amigo" a empatía ,a capacidade de porse no lugar doutros .
En 5º traballaron cos contos "No puedo hacerlo "e "Para ti no estoy" as habilidades de autoafirmación ,oposicion e expresión emocional e a través dun audiovisual traballaron as habilides de toma de decisións empatía e oposicion asertiva
En 6º o traballo xirou arredor do autocontrol
Pensamos que foi unha xornada ben proveitoso pero que nos houbera gustado non ter que celebrar.
8 de nov. de 2017
SEMANA DO SAMAÍN
O luns 30 comezou a lectura dos relatos da V edición dos “Contos á lus do candil".
A biblio ,decorada para a ocasión ,foi recibindo a visita dos valentes que se atreveron a pasar medo mentras escoitaban narracións arrepiantes e pavorosas !!!
24 de out. de 2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Hoxe día 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Este día vense conmemorando desde 1997 e o seu obxetivo é chamar a
atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na
educación de nenos e xóvenes.
A data foi elexida en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraievo durante a Guerra dos Balcáns en 1992.
A data foi elexida en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraievo durante a Guerra dos Balcáns en 1992.
Na nosa biblioteca levaremos a cabo unha serie de actividades ao longo de toda a semana co gallo desta celebración.
Para os nenos e nenas de infantil ,1º e 2º e o libro elexido foi "O incrible neno devorador de libros".Despois da lectura tamén haberá opción a ver a curtametraxe do libro.
Tamén poden elexir unha estrofa da poesía de Liliana Cinetto "Amor en la biblioteca" e ilustrala en A3 para poder logo ser recitada co Kamishibai.
Para os cursos de 2º,3º e 4º o libro recomendado para traballar foi "El monstruo y la bibliotecaria".
E os de 5º e 6º tamén realizarán actividades co poema de Liliana Cinetto "Amor en la biblioteca" e verán algunha curtametraxe sobre libros e biblotecas como "Los fantásticos libros voladores del señor Norris ou "Much better now".
Para os cursos de 2º,3º e 4º o libro recomendado para traballar foi "El monstruo y la bibliotecaria".
E os de 5º e 6º tamén realizarán actividades co poema de Liliana Cinetto "Amor en la biblioteca" e verán algunha curtametraxe sobre libros e biblotecas como "Los fantásticos libros voladores del señor Norris ou "Much better now".
17 de out. de 2017
II DÍA DAS MULLERES ESCRITORES
O luns 16 de outubro levouse a cabo, por segundo ano consecutivo, o Día das Escritoras. Un acto de homenaxe, promovido pola Biblioteca Nacional de España (BNE) coa finalidade de recordar o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e as dificultades que no pasado impediron un xusto desenvolvemento e recoñecemento a súa labor.
A idea é que cada ano xire en torno a un tema que funcione como fio conductor e vertebrador. No 2017, o tema proposto é Mulleres, saber e poder.
A data escollida non é unha casualidade, coincide co luns seguinte a celebración da festividade de Santa Teresa de Ávila,escritora que pasou por serias dificultades para exercer como tal pola súa condición de muller.
16 de out. de 2017
5 de out. de 2017
PARABÉNS PARA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO !!!
Antonio García Teijeiro ven de ser galardoado co PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL .
O escritor de Vigo é autor de varios libros de poesía que podedes atopar na nosa biblioteca , por exemplo "Versos con alas","Lueiro de papel","Aloumiños","Nenos","Ventos"...
A súa última obra "Poemar o mar" valeulle para ser recoñecido con este importantísimo premio.
En edicións pasadas tamén foron agasallados outros autores galegos como Ledicia Costas, Agustín Fernández Paz,Paco Martín,Fina Casalderey ou Xabier P. Docampo que vós seguro coñecedes e dos que tamén podedes atopar libros na biblioteca. Dende Cedeira moitos parabéns e a nosa sincera noraboa !!!
26 de set. de 2017
LEMBRANDO A XOHANA TORRES
A escritora e académica da RAG, Xohana Torres, nacida en Santiago de Compostela en 1931, finou en
Vigo o pasado 12 de
setembro, aos 85 anos de idade.

setembro, aos 85 anos de idade.

É unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil
Na Biblioteca do CEIP de Cedeira xa tiña un lugar destacado
personalizando unha das Mochilas Viaxeiras
O seu derradeiro libro: “Elexía a Lola”, está adicado á súa avoa que lle aprendeu a fala
galega máis íntima e a cultura popular.
Vaia esta homenaxe para ela e para tódalas avoas e avós,
pais e nais, mestres e mestras, …que nos fan medrar no noso idioma.
Agora que comeza o curso e o outono, neste momento en que
nos gusta relembrar o ben que o pasamos no verán, é fermoso recordar un poema
de Xohana Torres, “¿Pódese áinda…?”, do libro “Estacións
ao mar”. Neste poema, a autora recorda as festas do verán da súa infancia e
xuventude
" Pode unha aínda,…
alteradas as
tapias e os anhelos
entrar de novo á casa, achegarse
ao faiado.
Posta de bruzos, erguer a vista
ao ceo,
contemplar os foguetes da
verbena máis próxima
20 de set. de 2017
"O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO"
Inauguramos o curso
recordando a Carlos
Casares,autor
homenaxeado no Día das Letras Galegas, .
Na planta baixa do colexio podedes contemplar
unha colección de case cen libros en diferentes linguas e dialectos do mundo,
da novela de Saint- Exupéry: “Le Petit
Prince” (O Principiño) que Carlos
Casares traduciu ao noso idioma en 1972.
A colección pertenceu a Carlos Casares e agora percorre os concellos de Galicia para que todos e todas podamos disfrutar dela.
A exposición permanecerá aberta ata o día 30 de setembro e
pode
visitarse a primeira e última hora da mañá (de
9 a 10h e de 13 a 14 h.), de
15h. a 16h. e os martes
pola tarde dende as 15h. ata as 19 horas.
Convidámosvos a aproveitar esta ocasión
para visitar e gozar con esta mostra tan particular e única.
18 de set. de 2017
CURSO 2017-2018
Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado de diseñar o cartel ilustrativo deste ano.
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición
oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a
pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura. Aprender a pensar nas clases. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o
alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a
formularse preguntas e procurar algunhas respostas á complexidade do tempo que lle toca
vivir.
28 de xuño de 2017
GUÍA LECTURAS VERÁN 2017
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para que disfrutedes durante todo o verán.Lémonos en setembro.Felices vacacións.
Powered by
Issuu
Publish for Free
BO VERÁN DE LECTURAS!!
PREMIO AOS LECTORES MÁIS ACTIVOS
Ao longo de todo o curso a biblioteca estivo moi concurrida e foron moitos os nenos/as que acudiron semanalmente ao servicio de préstamo.
Dende o blog damos as grazas a todos por facer tan bo uso dos servizos que ofrecemos e disfrutar con eles.
De entre todos os lectores/as resultaron premiados/as como máis activos os que se destacan a continuación.
1º curso:Sara Alonso Lago, Bruno Alonso Leitao ,Elena Barreiro Cabaleiro, Samuel Costas Bravo ,Paula González Mirou ,Candela MartÍnez Toucedo e Ainhoa Mouriño González .
2º curso: Cayetana Barros González e Ainhoa Iglesias González
4º curso :Ángela Freire Muiños e Teresa Ligero Lage
5º curso :Daniel Álvarez González
6º curso :Carla Couñago García ,Mayka Riobó Fernández,Xoana Raimúndez Álvarez e Leila Tribki Castro .
6º curso :Carla Couñago García ,Mayka Riobó Fernández,Xoana Raimúndez Álvarez e Leila Tribki Castro .
PARABÉNS A TODOS E TODAS !!
21 de xuño de 2017
II FEIRA DO LIBRO DE REDONDELA
O venres 9 de xuño os nenos e nenas de educación infantil visitaron a Feira do libro Redondela.
Percorreron as casetas das diferentes librarías e alí os libreiros amosáronlles as últimas novidades en literatura infantil.
Despois asistiron a un contacontos e ata lles dou tempo a facer unhas fotos coa Coca Simona .
Foi unha mañán mui interesante e divertida.Agardan repetir o ano que ven.
5 de xuño de 2017
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Para celebrar o Día das Letras e homenaxear a Carlos Casares os nenos e nenas de 1º e 2º elaboraron murais.Ademais tivemos na biblioteca unha mostra con algúns dos seus libros e un panel informativo na entrada do colexio.
Para celebrar o Día das Letras e homenaxear a Carlos Casares os nenos e nenas de 1º e 2º elaboraron murais.Ademais tivemos na biblioteca unha mostra con algúns dos seus libros e un panel informativo na entrada do colexio.
Powered by
Issuu
Publish for Free
29 de maio de 2017
VISITAS DE AUTOR
O xoves 25 recibimos na biblioteca a visita do escritor Silvestre Gómez Xurxo.
Silvestre naceu en Beba (Mazaricos) en 1951.
É mestre. Agora está xubilado.
É Licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía.
É autor de numerosos materiais educativos destinados ao estudo da Lingua
Galega, do Coñecemento do medio ou matemáticas.
É coautor, xunto con Ana Mª Llanes, do método de
aprendizaxe da lectura en Lingua Galega: “De
Vagar”
Ten publicadas as seguintes
obras de Literatura Infantil e Xuvenil:
“Déixao
medrar” (Xerais 2000), novela; “Ith” (Xerais 2001),
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)