26 de xuño de 2018

                 
                  RECOMENDACIÓNS LECTORAS      

 Para finalizar as publicacións deste curso deixámosvos as recomendacións lectoras para o verán.

Desexámosvos unhas vacacións cheíñas de boas lecturas e lembrade que ...
                                          

           UN LIBRO
                                 PODE  SER 
                               
                                                     A MELLOR DAS VIAXES!!!


25 de xuño de 2018



       DESPEDIDA DOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Despois de todo un curso colaborando con nós , démoslle unha merecida despedida,con merendola incluída,aos rapaces e rapazas que este ano fixeron as labores de axudantes de biblioteca.
Dende aquí dámoslles de novo as grazas e desexámoslle boa sorte na súa seguinte etapa educativa.

                            ATA CANDO QUEIRADES!!!

13 de xuño de 2018


                                    ENCONTROS CON AUTORES



Os días 18, 23 e 30 de maio visitounos na nosa  biblioteca a autora  María Canosa coa que estivemos falando dos seu libros " O DÍA QUE CHOVEU AO REVÉS","A CAZADORA DE ESTRELAS" E "MURIEL"
Nestes encontros participaron os alumnos e alumnas de 1º a 6º
Durante a charla falamos  dos libros que leu cada curso.
Ademaís os rapaces e rapazas de 6ª elaboraron un mural que resumía as partes máis importantes do libro "Muriel" como preparación previa á visita.
Foron 3 días moi agradables na compañía da gañadora do Premio Merlín.

11 de xuño de 2018


                                                 
                                             SEMANA DAS LETRAS 

Ao longo de toda a Semana das Letras as clases de infantil e primaria levaron a cabo diferentes actividades para homenaxear e coñecer máis a fondo a figura de María Victoria Moreno.
 Para facer mais festiva esta data, nas aulas de Primaria preparouse unha xincana na que se combinaban probas de busca de información relacionadas coa autora homenaxeada, actividades interactivas e actividades físicas.O Equipo de Biblioteca entregou a cada titor unha proposta de actividades que este adaptou os seus alumnos.

Cada clase dividiuse en equipos e estableceuse un horario de realización da xincana para que os distintos grupos e clases non coincidiran facendo a mesta actividade ou no mesmo espazo.
A busca de información realizouse nos paneis coa vida da autora (situados na planta baixa) e na exposición das súas obras (na Biblioteca), as actividades interactivas e a busca en internet (na aula de informática) e as actividades físicas no patio.


25 de maio de 2018

                         FESTIVAL DE TITERES  REDONDELA

Como cada ano a mediados de maio celébrase en Redondela o Festival  Internacional de Títeres.
E como cada ano os colexios do concello pudemos acceder as actuacións de sala que se ofertan para o alumnadado de infantil e primaria.
Este ano os nenos e nenas de infantil disfrutaron  moitísimo coa sensibilidade e calidade da obra "Vuela pluma",da compañía murciana Periferia teatro. 
Os de 1º.2º,3º e 4º asistiron a obra "Barriga verde" de Viravolta Títeres e os de 5º e 6º estiveron en " Le fumiste" da compañía francesa Don Davel. 



25 de abr. de 2018

                      
                     CELEBRANDO NA BIBLIOTECA

Como cada ano chegado o 23 de abril celebramos na nosa biblioteca o Día do Libro .
Esta vez foron os rapaces e rapazas de 3º os encargados de contarnos aos demais o conto do "Soldadiño de chumbo", coa técnica do kamishibai.
Encantounos a visita á biblioteca para  escoitar o conto que prepararon para nós os de 3º curso.

Ademais cada clase elaborou un marcapáxinas relacionado co noso proxecto anual ("As tribus indíxenas").

20 de abr. de 2018



                                   XIX EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO 


O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela preténdese render homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias… e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero.Aínda estades a tempo de pasarvos polo Pazo da Cultura de Pontevedra para disfrutar das actividades que nos ofrecen nesta nova edición.
Podes ver o programa en www.salondolibro.gal

13 de abr. de 2018


                                       CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
    Hoxe na nosa biblioteca recibimos a Iago López,un contacontos maravilloso que nos visita todos os anos.
Desta volta contoulles aos nenos e nenas de infantil, 1º e 2º unha bonita versión da historia de Riciños de ouro que conseguiu enganchar a todos e todas.


23 de mar. de 2018



                                               21  DE MARZO


A Real Academia Galega (RAG) organizou para este mércores, con motivo do Día Mundial da Poesía, unha homenaxe á escritora e académica Xohana Torres, falecida o pasado mes de setembro.
Foi nun acto literario e musical no que poetas de distintas xeracións e amigos da autora leron e comentaron "desde unha perspectiva persoal" fragmentos da súa obra.
Tamara Andrés, Xosé Manuel Beiras, Berta Dávila, Xosé Luís Franco Grande, Margarita Ledo, Carlos Negro, Ánxeles Penas, Luz Pozo Garza, Ismael Ramos, Ánxela Abalo, Gustavo Pernas e Euloxio Ruibal recitaron e comentaron partes das obras desta aotora.
Tras a apertura do acto a cargo do presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, presentou o programa desta homenaxe que incluiu recitais e actuacións musicais, ademais de dedicar unha parte a lembrar a figura de Xohana Torres. 
                              

  
 Podedes achegarvos a biblioteca do cole para disfrutar da poesía desta autora e de outro moitos poetas que vos agardan nos nosos andeis.