21 de feb. de 2022

 TEITOS A EITOS

    Durante este mes de febreiro tivemos expostos algúns libros da biblioteca relacionados coa temática do proxecto deste ano " Teitos a eito". Estes libros puideron ser lidos e consultados en clase durante este mes.



 

31 de xan. de 2022

 DÍA DA PAZ

Neste vídeo que se pública debaixo do texto, pódese observar como o alumnado do cole de Cedeira foi construíndo un pequeno pobo. En cada unha destas casas pódemos ver pegadas unhas pombas as cales levan escrito un valor relacionado coa paz.





 DÍA DA PAZ

Durante a última semana do mes de xaneiro, dende o centro, queremos dar a coñecer os valores que fan posible a paz a través de varias actividades. A biblioteca pon a disposición unha serie de libros onde se tratan valores como a amizade, o compañeirismo ou a solidariedade entre moitos outros. A continuación podedes ver algúns dos libros que lemos.



19 de dec. de 2021

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL




 LECTURAS PARA O NADAL

Dende a biblioteca queremos festexar o Nadal, por iso propuxemos as seguintes lecturas.



7 de dec. de 2021

 LECTURAS PARA CONMEMORAR A SEMANA DA INCLUSIÓN.

No centrro conmemoramos a semana da inclusión, por elo, dende a biblioteca aportáronse os seguintes libros para que o alumnado o poidera ler nas clases durante estes días.



27 de nov. de 2021

 LECTURAS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende a bibliotecs queremos conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero, por iso propuxemos varios libros para ler na clase durante esta semana.


 

ACTIVIDADE DE CONCIENCIACIÓN NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O 25 de novembro celébrase o día Internacional Contra a Violencia de Xénero. No noso centro, todas as clases fixeron a lectura do libro "Eu vou comigo" de Raquel Díaz Regueira. Posteriormente, tratamos a importancia de non renunciar quen somos por gustarlle a alguén, xa que se o facemos pasaranos como a protagonista, quedarémonos baleiros e sen personalidade.

O alumnado do centro, en colaboración coas familias, tivo que facer un debuxo e escribir o que nunca deixarían de ser ou facer por ninguén xa que esa característica o define como persoa.

A continuación mostramos unha foto da nosa protaginista baleira e logo chea de todas esas cousas que o alumnado do CEIP Plurilingüe de Cedeira non está disposto a cambiar.




12 de nov. de 2021

 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende a biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega imos tratar a violencia de xénero a través da educación emocinal.

O obxectivo desta actividade é concienciar ao alumnado da importancia de non deixarse influir polas opinións e comentarios de outras persoas nin cambiar os nosos gustos só para agradar aos demais. Trátase de educar os nenos e nenas con ideas propias, seguros de sí mesmos/as e, polo tanto, menos vulnerables ante calquera forma de violencia que se tente contra eles.

Esta actividade está baseada no libro "Eu vou comigo" que podedes coñecer dandolle play ao vídeo que mostramos ao final do texto.

O reto consiste en axudarlle ao voso fillo/a a buscar unha característica, virtude, habilidade, cualidade ou afición que a/o defina e que non debería cambiar nunca.

Escribídea (en galego) ma parte da tarxeta na que se inclúe a frase "Non deixarei de...".

Na parte traseira desa tarxeta facede un debuxo que represente o que escribistes.

É importante que todo o alumnado traia este reto porque nos servirá para a realización da actividade conxunta coa que celebramos o 25- N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.


3 de nov. de 2021

 XOGANDO NA BIBLIOTECA CO SISTEMA LUPO

Lupo é unha ferramenta educativa que desenvolve de modo cooperativo o pensamento lóxico e creativo con centos de retos e niveis de dificultade e apto para todas as idades.

Utiliza a arquitectura como disciplina transversal clave para interpretar a realidade que nos rodea e introducirnos no coñecemento de moitos campos e disciplinas como o urbanismo, o dibuxo, a arte, a xeometría, a historia, as matemáticas ou o pensamento científico.

A experiencia lupo permite ao participante profundizar en certas habilidades /destrezas de carácter técnico, intelectual, visual (2D o 3D) ou motriz, pero fundamentalmente pretende desenvolver as aptitudes creativas e sociais a través de dinámicas de grupo en virtude do tamaño e características dos retos propostos.