22 de dec. de 2022

25 N

 

Para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, desde a Biblioteca do centro se seleccionaron diferentes títulos e obras relacionadas con esta temática. Durante as horas de ler, o alumnado escollía un libro dos seleccionados para facer unha lectura en grupo en diferentes alfombras de cor violeta repartidas polos corredores do centro.