Do día 14 ao 18 de novembro aproveitamos os recreos e saídas do centro para organizar un mercadiño solidario co obxectivo de trocar libros vellos da biblioteca por alimentos non perecedoiros. Estes alimentos foron doados á Asociación de Axuda ao Pobo Saharauí.
Grazas ás familias por todas as aportacións.