21 de mar. de 2018

                                                   MAGÍN BLANCO


15 de mar. de 2018

                                     
                                             DÍA DA MULLER
O 8 de marzo celebrámolo recordando a aquelas pioneiras nalgún eido profesional que ata a súa chegada fora inalcanzable para as demais mulleres.
Quixemos así agradecer e recoñecer o seu esforzo e valentía por atreverse a romper as barreiras que por razón de sexo se lles impoñían.
 En cada aula falouse dunha muller que foi a primeira en atreverse a desempeñar un traballo ou actividade que ata entón fora só terreo de homes.
Ángeles Alvariño primeira científica,Isabel Barreto primeira almirante,Luz Morales primeira directora dun xornal...
MULLERES BRAVAS,BRAVO POR ELAS !!


 


9 de mar. de 2018



                           DIA INTERNACIONAL DA MULLER   

 Como cada 8 de marzo sumámonos as reinvindicacións do Dia Internacional da Muller ,este ano , si cabe con máis forza que nunca.


  Neste día  conmemoramos a loita da muller pola súa participación na sociedade en condicións de igualdade co home e o seu desenvolvemento íntegro como persoa.

  

1 de mar. de 2018

                                  
                     ABRIMOS AS FIESTRAS DA ESCOLA
Os nenos e nenas de Cedeira celebraron o Día de Rosalía  preparando fiestras nas que colorearon debuxos da homenaxeada e escribiron nas contras pequenas estrofas dalgúns dos seus poemas máis coñecidos .
            Agora temos as nosas fiestras cheíñas de poesía!!


                                  

28 de feb. de 2018

                                                                                                                                              
                  DESCUBRINDO AOS INUITS
                 

Dentro do Proxecto anual  que estamos a desenvolver este curso, os nenos e nenas de 6º levan meses estudando ao pobo Inuit, as súas características, costumes e formas de vida.
Por iso se puxeron en contacto cun estudoso desta cultura para que viñese ao cole contarnos todo o que el aprendeu convivindo con este pobo.
Fracesc Bailón visitaranos os próximos 5 e 6  de marzo para que todos os rapaces e rapazas do cole poidan aprender escoitando as súas experiencias e participando en diferentes obradoiros,exposicións e actividades .
Ademáis este antropólogo catalán dará unha charla no Multiusos de Redondela para o público en xeral o luns 5 de marzo ás 19 horas, con entrada libre.
         Na seguinte dirección podedes ler a entrevista que lle fixeron para a páxina web "La viajera .Crónicas de viajes  http://www.laviajera.es/2015/02/frances 
Tamén o propio Francesc  Bailón ten unha conta de Facebook onde podedes ler as súas experiencias. 
Ademáis para profundizar no coñecemento dos Inuits dispoñedes de dous libros escritos por el.
         


   Agardamos a vindeira semana cheos de interese!!! 


26 de feb. de 2018

                            
               24  DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA
         
Hoxe,sábado 24 de febreiro, cúmprense 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro,unha muller revolucionaria e defensora de Galicia e do galego.
  Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA que as bibliotecas escolares aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. A obra de Rosalía cobra vida nas voces de nenas e nenos que recuperan en recitais, lecturas compartidas e todo tipo de actividades a forza da súa palabra. 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, a celebrar este Día de Rosalía co agasallo dun libro galego e unha flor a amigos e familiares. 
Si che interesa coñecer a súa vida e a súa obra so tes que premer na foto de Rosalía que está na marxe dereita do noso blog e enteraraste de todo.
 Na próxima entrada deste blog darémosvos conta das actividades realizadas polos nenos e nenas de Cedeira durante o venres 23  e o luns 25 para festexar esta data tan querida. 
              Estade moi atentos, vanvos encantar !!!


31 de xan. de 2018

                                              
                                               TRIBUS POLA PAZ
Aproveitando que este ano o proxecto do cole é "OS POBOS INDÍXENAS",non quixemos esquecer no día da paz o sufrimento e o abuso que estes padeceron e padecen por parte do "home civilizado": ocupación dos seus teritorios,xenocidio,confinamento en reservas,desaparición forzada das súas raices culturais e forma de vida tradicional,aillamento ,marxinación ,explotación...
Así que dende a biblioteca tratouse  para este día ,de xeitos diferentes, a visibilización  desta problemática e a reinvindicación dos dereitos de ditos pobos a ser respectados e vivir en paz.
Dende a mensaxe de Toro Sentado ao presidente Franklim,a problemática dos Yaguas e Ticunas no Amazonas,dos Inuits ou dos Mayas e os Incas.



 

16 de xan. de 2018


                      UNHA MAÑÁN CHEA DE POESÍA

Este luns tivemos a sorte de disfrutar da compaña de García Teijeiro na nosa biblioteca , da man do Faro da escola.
Os afortunados foron os nenos e nenas de 5º e 6º curso que pasaron unha agradable mañán falando de poesía e literatura.
 O autor aproveitou para presentarnos a Martiño,un  títere mariñeiro que o acompaña e anima aos nenos e nenas a ler.Da súa boca foron saíndo varios dos poemas do libro "POEMAR O MAR".
Unha sorte poder contar coa presenza do último Premio de Literatura Infantil e Xuvenil na nosa biblioteca.
                              

15 de xan. de 2018



 A Consellería de  Educación e Cultura ven de publicar este calendario coas celebracións máis importantes do ano en torno aos libros,a lectura ,os autores...Nel podedes atopar aniversarios de autores ,de publicacións,días do libro,da poesía,das librarías...

11 de xan. de 2018


                 VISITARANOS  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O próximo luns día 15 vainos visitar Antonio García Teijeiro, autor galardoado  este ano co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
A súa última obra "Poemar o mar" valeulle para ser recoñecido con este importantísimo premio.
Serán os alumnos e alumnas de 5º e  6º os que acudirán a este encontro co autor, que nos visita dentro das actividades  relacionadas coa nosa participación no Faro da Escola .