29 de xan. de 2016

CASTELAO
Tal día coma hoxe,do ano 1886,nacía en Rianxo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Político,escritor,pintor,dibuxante e humorista,Castelao converteuse na figura máis destacada da escea cultural e política galega de principios do século XX.




 30 DE XANEIRO : DÍA DA PAZ
Para celebrar o Día da Paz 2016 tamén botamos man dun poema de Manuel María que nos lembra o sinxelo que é buscar a paz no día a día e o importante que é a boa xente,a xente boa.


                                        SONETO
                       Os meus antergos non foron violentos
                       e nunca houbo na casa armas de fogo.
                       Endexamais,un Hortas,nin por xogo, 
                       chegou a utilizar tales inventos .

                       Que a miña xente tivo a valentía
                       de gastar a súa vida traballando:
                       arando, recollendo,sementando,
                       facendo un campo fértil de campía.

                       Tampouco houbo nos Hortas cazadores
                       pois,seguindo unha vella tradición,
                       foron , unicamente , labradores...

                       Traballaron con amor,fe e paixón:
                       fertilizaron o chao cos seus suores
                       e morreron coa paz no corazón...! 

                                                SONETOS A CASA DE HORTAS

22 de xan. de 2016

SEGUIMOS CON MANUEL MARÍA
Nas aulas de Cedeira seguimos a traballar novas poesías do libro "Sonos na gaiola".Expoñémolas para dalas a coñecer ao resto do cole e así imos cambiando a decoración dos nosos corredores.Ven a velos connós!!



16 de xan. de 2016

ANN ALFAYA EN CEDEIRA
Este venres, 15 de xaneiro, visitounos An Alfaya, autora do libro “Sireno,sireno” que lemos no primeiro trimestre. Nunha interesante entrevista realizado polos alumnos/as respostou amablemente dándonos a coñecer as “entreteas” do libro. Aprendemos un montón sobre como se inspira unha autora para escribir, trucos para empezar unha historia, para continuala e para rematala (ou non). 
Por que “Sireno,sireno”? Pois porque reflicte moi ben un mundo real-imaxinario no que nos movemos e que algunhas persoas expresan, ben sexa desde a literatura, desde a pintura ou desde a escultura. “Un bo artista é aquel que sabe mirar”, así que todos podemos ser artistas, aínda que sexa no noso interior.
Animámosvos a que leades o libro. Podedes cóllelo na biblioteca 
ou a pedirllo aos compañeiros/as de 6º. 







14 de xan. de 2016

PROXECTO CONTONEARTE 2º TRIMESTRE

Neste 2ºtrimestre, dentro do noso proxecto anual,imos adicarnos a investigar sobre a pintura.

Xa tedes na biblioteca libros novos adicados a pintores famosos como Miró,Dalí,Frida Kalo...
Pasade cando queirades a botarlle unha ollada!!!







7 de xan. de 2016


     
                         FELIZ ANINOVO DENDE A BIBLIOTECA DE CEDEIRA

18 de dec. de 2015

BO NADAL DE LECTURA
Como cada ano queremos recomendarvos dende a biblioteca unha serie de libros que vos poden entreter moito nestas festas.
Esperamos que gocedes moito con eles .
(Preme na imaxe para ver o boletín)

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcedeira/system/files/GU%C3%8DA%20NADAL%202015_0.pdf

4 de dec. de 2015

CULTURGAL
Dende o venres 4 ata o domingo 6 en Pontevedra podemos visitar a feira da cultura galega.
Ao longo destes 3 días haberá unha chea de actividades divertidas
e interesantes para todas as idades.
     Animádevos a achegarvos ao Pazo da Cultura de Pontevedra !!!

 MANUEL MARÍA
Ao longo do mes de outubro en cada unha das aulas de infantil e primaria estivemos traballando diferentes poesías do libro "Sonos na gaiola".
Ademais de falar do seu contido para comprendela, memorizala e recitala , cada aula preparou un traballiño relacionado con dita poesía para expoñer nos corredores da escola. Este foi o resultado:

1 de dec. de 2015

25  DE NOVEMBRO-NON A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co gallo da celebración do Día contra a violencia de xénero queremos comunicarvos que na nosa biblioteca podedes atopar varios libros que falan e tratan de erradicar esa lacra da nosa sociedade.