28 de feb. de 2018

                                                                                                                                              
                  DESCUBRINDO AOS INUITS
                 

Dentro do Proxecto anual  que estamos a desenvolver este curso, os nenos e nenas de 6º levan meses estudando ao pobo Inuit, as súas características, costumes e formas de vida.
Por iso se puxeron en contacto cun estudoso desta cultura para que viñese ao cole contarnos todo o que el aprendeu convivindo con este pobo.
Fracesc Bailón visitaranos os próximos 5 e 6  de marzo para que todos os rapaces e rapazas do cole poidan aprender escoitando as súas experiencias e participando en diferentes obradoiros,exposicións e actividades .
Ademáis este antropólogo catalán dará unha charla no Multiusos de Redondela para o público en xeral o luns 5 de marzo ás 19 horas, con entrada libre.
         Na seguinte dirección podedes ler a entrevista que lle fixeron para a páxina web "La viajera .Crónicas de viajes  http://www.laviajera.es/2015/02/frances 
Tamén o propio Francesc  Bailón ten unha conta de Facebook onde podedes ler as súas experiencias. 
Ademáis para profundizar no coñecemento dos Inuits dispoñedes de dous libros escritos por el.
         


   Agardamos a vindeira semana cheos de interese!!! 


26 de feb. de 2018

                            
               24  DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA
         
Hoxe,sábado 24 de febreiro, cúmprense 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro,unha muller revolucionaria e defensora de Galicia e do galego.
  Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA que as bibliotecas escolares aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. A obra de Rosalía cobra vida nas voces de nenas e nenos que recuperan en recitais, lecturas compartidas e todo tipo de actividades a forza da súa palabra. 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, a celebrar este Día de Rosalía co agasallo dun libro galego e unha flor a amigos e familiares. 
Si che interesa coñecer a súa vida e a súa obra so tes que premer na foto de Rosalía que está na marxe dereita do noso blog e enteraraste de todo.
 Na próxima entrada deste blog darémosvos conta das actividades realizadas polos nenos e nenas de Cedeira durante o venres 23  e o luns 25 para festexar esta data tan querida. 
              Estade moi atentos, vanvos encantar !!!


31 de xan. de 2018

                                              
                                               TRIBUS POLA PAZ
Aproveitando que este ano o proxecto do cole é "OS POBOS INDÍXENAS",non quixemos esquecer no día da paz o sufrimento e o abuso que estes padeceron e padecen por parte do "home civilizado": ocupación dos seus teritorios,xenocidio,confinamento en reservas,desaparición forzada das súas raices culturais e forma de vida tradicional,aillamento ,marxinación ,explotación...
Así que dende a biblioteca tratouse  para este día ,de xeitos diferentes, a visibilización  desta problemática e a reinvindicación dos dereitos de ditos pobos a ser respectados e vivir en paz.
Dende a mensaxe de Toro Sentado ao presidente Franklim,a problemática dos Yaguas e Ticunas no Amazonas,dos Inuits ou dos Mayas e os Incas.



 

16 de xan. de 2018


                      UNHA MAÑÁN CHEA DE POESÍA

Este luns tivemos a sorte de disfrutar da compaña de García Teijeiro na nosa biblioteca , da man do Faro da escola.
Os afortunados foron os nenos e nenas de 5º e 6º curso que pasaron unha agradable mañán falando de poesía e literatura.
 O autor aproveitou para presentarnos a Martiño,un  títere mariñeiro que o acompaña e anima aos nenos e nenas a ler.Da súa boca foron saíndo varios dos poemas do libro "POEMAR O MAR".
Unha sorte poder contar coa presenza do último Premio de Literatura Infantil e Xuvenil na nosa biblioteca.
                              

15 de xan. de 2018



 A Consellería de  Educación e Cultura ven de publicar este calendario coas celebracións máis importantes do ano en torno aos libros,a lectura ,os autores...Nel podedes atopar aniversarios de autores ,de publicacións,días do libro,da poesía,das librarías...

11 de xan. de 2018


                 VISITARANOS  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O próximo luns día 15 vainos visitar Antonio García Teijeiro, autor galardoado  este ano co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
A súa última obra "Poemar o mar" valeulle para ser recoñecido con este importantísimo premio.
Serán os alumnos e alumnas de 5º e  6º os que acudirán a este encontro co autor, que nos visita dentro das actividades  relacionadas coa nosa participación no Faro da Escola .



24 de dec. de 2017

O Principiño agasállache con lecturas para o Nadal

Como dicía Antoine de Saint-Exupéry, "A lectura fainos mellores persoas", así que, non esquezas adicar un tempiño a esta magnífica actividade. Aquí tes unha pequena guía de lecturas para este Nadal, hai tempo para todo!

23 de dec. de 2017


                        NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

 
Por iso o venres 24 de novembro levamos a cabo unha serie de actividades para concienciar da violencia de xénero e aprender a  detectala e rexeitala.
Dende a biblioteca propuxéronse varios libros que tratan este tema ao que queremos dar visibilidade dende o centro co fin de previlo.
Nas aulas  lemos e comentamos libros como:"O país dos mandóns","Oliver Button es una nena","Éranse dúas veces Ranpunzel","Denébola a roxa","Xela volveuse vampira","Por qué a María Xosé lle chaman Xosé Mari?"
Tamén fixemos actividades relacionadas coa educación emocional e a detección de conductas violentas e machistas, ademais gravamos a  algúns  nenos e nenas dando a súa idea de que é a violencia de xénero.
Os nenos e nenas de infantil realizaron unha actividade na que tiñan que distinguir entre conductas adecuadas e conductas violentas non desexábles a través dun pequeno xogo introducido por unha canción.
 En 1º leron o libro "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa ?"e fixeron un mural con princesas inventadas por eles .
En 2º a partir dunha curtametraxe traballouse o respecto
Os rapàces e rapazas de  3ºe 4º traballaron a través do curto "Son moncho o voso amigo" a empatía ,a capacidade de porse no lugar doutros .
En 5º traballaron cos contos  "No puedo hacerlo "e "Para ti no estoy"  as habilidades de autoafirmación ,oposicion e expresión emocional e a través dun audiovisual traballaron as habilides de toma de decisións empatía e oposicion asertiva
En 6º o traballo xirou arredor do autocontrol
Pensamos que foi unha xornada ben proveitoso pero  que nos houbera gustado non ter que celebrar.















8 de nov. de 2017

                                         
                  SEMANA DO SAMAÍN

O luns 30 comezou a lectura dos relatos da V edición dos “Contos á lus do candil".
Pola biblioteca foron pasando os diferentes cursos para que os alumnos de 5º e 6º os agasallasen con historias do máis terrorífico.
A biblio ,decorada para a ocasión ,foi recibindo a visita dos valentes que se atreveron a pasar medo mentras escoitaban narracións arrepiantes e pavorosas !!!




                                       HISTORIAS DO SAMAÍN